miércoles, 12 de mayo de 2010

Práctica 3 de PowerPoint

Debedes facer unha presentación que conteña alomenos 10 diapositivas, cas seguintes características:
  • Diapositiva 1: Título e nome d@ alumn@.
  • Diapositiva 2: Índice (podedes empregar unha lista, botóns de acción, etc.)
  • Diapositiva 3 e seguintes: Deben conter, fotos, autoformas, textos, etc.
  • Diapositiva n: Fin.
O tema é a elexir por cada un de vos, pero apropiado para un centro educativo. Debedes poñerlles música e/ou algún vídeo.
As presentacións enviarédelas por correo electrónco a dirección jaimevaz@gmail.com para ser correxidas. Logo proxectaremos na clase todas as presentacións.
Data tope de entrega: luns 24 de maio.

lunes, 10 de mayo de 2010

Práctica 2 de PowerPoint

Co traballo que fixestedes na práctica 1 imos poñer en práctica as animacións.
Debedes animar cada un dos obxectos que compoñen a diapositiva do mapa e aplicarlles diferentes efectos de animación.

O resultado enviádelo a conta de correo jaimevaz@gmail.com
Data tope de entrega: mércores 19 de maio.

viernes, 7 de mayo de 2010

Exame de "Tratamento dixital de imaxes" e "Presentacións dixitais"

O próximo mércores 26, na clase de TIC faremos un exame dos dous temas vistos: Tratamento dixital de imaxes e Presentacións dixitais.

Entra a teoría sobre imaxe dixital que dimos na introducción e sobre as cousas que fixemos en GIMP (Estudiade as follas que vos din para as prácticas). Tamén entra a introdución ó PowerPoint que estamos a ver.
O exame terá preguntas tipo test e preguntas cortas (definicións, ...). 

miércoles, 5 de mayo de 2010

Práctica 1 de PowerPoint

Como primeira páctica de PowerPoint debedes facer unha presentación na que demostredes os vosos coñecementos das autoformas (barra de debuxo).

  • Na diapositiva 1 debedes poñer o título e o voso nome.
  • Na diapositiva 2 debedes facer un mapa explicativo de como chegar a un sitio calquera que esté na peninsula do Morrazo. Debe conter bastantes obxectos, tales como carreteras principais e secundarias, litoral, poboacións, sitios de interese, etc.

Unha vez rematado envialo por correo electronico a dirección jaimevaz@gmail.com para que volo corrixa.

Data tope de entrega: 7 de maio

martes, 27 de abril de 2010

Recordatorio para poñer a nota...

Para que vos poña a nota correspondente o tema de Tratamento dixital de imaxes, debedes subir o voso blogue os resultados das vosas prácticas.
Data tope: o venres 30 de abril.

Resultado da práctica 5

Así quedou a que fixemos na clase, feita en pouco tempo...
O de conseguir o mismo tono de pel, necesita mellorar...

miércoles, 21 de abril de 2010

Práctica 5

Estas son as imaxes que necesitades para facer a práctica do próximo venres.